1 Tendas.
6 Restaurantes.
15 Aloxamento.
20 Receitas.
2 Museos.
10 Citas gastronómicas.
75 Pat. cultural.
20 Pat. natural.
2 Servizo turístico.
Aves de Curral
A chegada das galiñas a Galicia produciuse coa entrada dos celtas que, aínda que non era un pobo que usase estas aves para a súa alimentación, utilizaban os galos para a organización de pelexas.
Tradicionalmente, os galos criábanse en total liberdade, cunha alimentación natural composta basicamente por millo gran ou fariña, trigo, verduras e herbas. Este sistema de crianza, totalmente natural, fai que a súa carne alcance uns altos niveis de calidade e un exquisito e inigualable sabor.
Actualmente en Galicia, coexisten tres producións de aves de curral criadas tradicionalmente: a galiña de Mos, o capón de Vilalba e o galo de Vila de Cruces.
Precisamente o Galo de Curral, antigo manxar das grandes celebracións, é o compoñente principal da festa gastronómica que se celebra no municipio pontevedrés de Vila de Cruces. Festa que forma parte da Rede Europea de Patrimonio Gastronómico e onde os seus visitantes poderán degustar un produto típico da zona como é o galo, tanto en casas de turismo rural como en casas de comidas ou nos restaurantes do concello.











